A Obra Social “LaCaixa” fixo entrega esta mañá dunha furgoneta ao Banco de Alimentos de Lugo. Este vehículo permitirá á entidade reforzar os seus servizos de recollida de alimentos e distribución. O director de área de CaixaBank en Lugo, José Manuel López, fixo acto de entrega da furgoneta a Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos.
López agradeceu a esta última o seu traballo constante en favor daquelas persoas con necesidades de Lugo e provincia. “Levamos anos colaborando co Banco de Alimentos”, detallou, “achegando alimentos, principalmente leite destinado aos máis pequenos”. “Hoxe damos de novo un paso á fronte na nosa relación para dotarlles dun vehículo co que poder ofrecer mellores servizos aos seus usuarios”. Segundo López, CaixaBank é unha entidade envorcada en atender as necesidades da súa contorna. “Creo que esta furgoneta é unha proba máis da implicación que mantemos coa cidade”, concluíu.