Fronte á idea estendida de que a nosa comarca se mantivo á marxe da explotación aurífera que ao longo da historia galega protagonizaron os habitantes dos castros e, sobre todo, a colonización romana nos primeiros séculos da nosa era, sabemos hoxe da existencia dunha importante minería e industria aurífera nos tempos antigos, da que dan mostra os importantes restos da ourivaría castrexa e as minas romanas descubertas e recoñecidas nos últimos tempos, particularmente na Mariña Central e Oriental. Coa finalidade de divulgar esta idea, a Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio en colaboración co Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de bateo de ouro, dirixido polo xeólogo Francisco Canosa, recoñecido divulgador da xeoloxía galega.
O lugar da convocatoria será o río Ouro, ao seu paso polo Concello de Alfoz e o sitio comunicaráselle aos participantes inscritos con suficiente antelación, así como a quenda asignada.
Para inscribirse poden enviar un correo electrónico a: mr.patrimonio@gmail.com .