A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este venres as actividades organizadas pola entidade local para conmemorar o Samaín. Trátase dun obradoiro de cabazas para os pequenos da casa, co que o Concello pretende manter viva unha tradición e recuperar unha festividade que nace no pobo castrexo e no que celebraban a fin do verán.
Tal e como explicou a edil, o taller de baleirado e decorado de cabazas terá lugar o sábado 29, das 17:00 ás 19:00 horas no Mercado Municipal. Poderán participar ao redor de 60 nenos e nenas de 5 a 12 anos. Ademais, o Concello ten preparado unha chocolatada para os participantes.
Por outra banda, terá lugar un taller de caracterización, vestimenta e de maquillaxe, na Casa da Xuventude, o mércores 26, xoves 27 e venres, 28, de 19:00 a 21:00 horas, e o sábado, de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 21:30 horas. Non é necesaria inscrición. Para Carmen Basadre actividades deste tipo, constitúen unha forma para que os cativos ocupen o seu tempo de lecer rememorando costumes dunha época.
Coa chegada do outono, volven á Biblioteca Municipal as tardes de contos para os rapaces e rapazas. Deste xeito, o Concello organizaou para o vindeiro luns 24, Día da biblioteca, unha actividade de animación a través da maxia, Diversimaxia. O mago Paco misturará contos e xogos para sorprender coas súa máxicas historias. Terá lugar ás 18:30 horas e unha duración de 60 minutos. As invitacións para participar podense retirar dende hoxe na mesmas instalacións da biblioteca.
Os xoves 3 e 24 de novembro, acollerá Contos de magosto, de Soledad Felloza, e o Rato ilustrador, de Trinke Trinke Teatro. En todos os talleres poden participar nenos e nenas de máis de 3 anos.