Obras de acondicionamento da beirarrúa da praza Conde Fontao

concellería de Infraestruturas Urbanas está a levar a cabo o acondicionamento nestes días da beirarrúa da praza Conde Fontao. Alexandre Penas visitou o desenvolvemento da actuación durante a mañá de hoxe. “Trátase de darlle continuidade a unha beirarrúa que levaba moitos anos a medio facer, o que provocaba moitos problemas de mobilidade á veciñanza”, indicou Alexandre Penas.

Realizarase unha renovación completa do pavimento da beirarrúa, o que permitirá mellorar o acceso a unha das zonas máis transitadas do leste da cidade. Trátase dunha actuación de baixo orzamento que leva moito tempo sendo reclamada pola veciñanza da contorna polos problemas de mobilidade e accesibilidade que producía. Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas continúase a actuar nas zonas menos atendidas nos últimos anos, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e o entorno das veciñas e veciños de toda a cidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Germán Bouso
    Mar 03, 2020 - 06:26 PM

    Estaría ben que o @concellodelugo controlase as múltiples infraccións na zona (dobre fila, xiros na f… https://t.co/qKHzjNVKtL

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com