A alcaldesa, Elena Candia, cualificou de “moi necesaria” esta actuación e precisou que “dende o Goberno local do Concello de Mondoñedo realizamos as xestións oportunas dirixidas a que “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), propietario do polígono industrial, levase a cabo as labores de limpeza do lugar pertinentes”
Candia apuntou ademais que “neste segundo ano de lexislatura apostamos firmemente polo desenvolvemento económico da cidade. Por este motivo, poremos as nosas parcelas a disposición dos emprendedores, así como máis locais”