Obras de mellora no barrio de Paradai

O presidente da Asociación Barrio de Paradai, Christian Fernández Díaz, xunto co concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo  visitaron esta mañan as obras que se están levando a cabo no barrio de Paradai

Nas obras feitas tívose unha especial atención coa accesibilidade “sabemos que esta zona precisa de melloras para que as persoas maiores e con dificultade de movemento poidan transitar libremente. Entendemos que todas as accións que se fagan, en calquera zona, deben ter en conta as medidas para que a accesibilidade sexa óptima” dixo o Tenente de Alcalde que visitou a zona acompañando do responsable da área de Infraestruturas Alexandre Penas.

Alexandre Penas, como responsable da Área de Infraestruturas, explicou as intervencións que se basean fundamentalmente e arranxo de rúas e beirarrúas “fixemos un investimento importante e seguiremos, na medida en que se poida, acometendo intervencións que nos solicitan dende a Asociación Barrio de Paradai”. A intervención enmarcase na serie de investimentos que, dende a Área de Infraestruturas, se están a facer nos diferentes barrios da cidade. Penas concretou que se fixeron 6 pasos de peóns elevados, deuse solución no cruce da rúa Río Sil coa rúa Conde; amañáronse varias beirarrúas e colocáronse barandas en 2 zonas do barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com