Obras de renovación de saneamento e abastecemento en Casás

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro municipal, Miguel Fernández, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisaron, acompañados de veciños e veciñas, as tarefas coas que a entidade local está renovando a rede de saneamento e abastecemento no núcleo antigo de Casás. Ademais, o Concello, tras respoñer as canalizacións, acometerá a reposición de pavimento, a base de misturas bituminosas en quente, así como a pavimentación das rúas Castiro, Monte Pena Rubia, Francisco Moure e Orquídea, no tramo entre a rúa Castiro e Avenidad de Abuín.

As actuacións, duns 115.500 euros, estarán rematadas, previsiblemente no vindeiro mes de abril. Con elas, o Concello busca modernizar os tubos de sanemanto e abastecemento, pois os actuais provocaban filtracións e frecuentes atascamentos. No caso da renovacion do pavimento, é debido ao deterioro dos viais dada a antigüidade dos regos bituminosos existentes así como ao tránsito de vehículos que soportan.

Hoxe venres, a entidade local tamén rematará as obras de conservación e pavimentación nas rúas Flor de Lirio, Rei Chiquito, Juana La Loca e no treito da rúa Mazaira con Camiño Verde, nas que o Concello realiza unha inversión de 50.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com