Obras de reparación dos adoquíns do redor do Vello Cárcere

Os adoquíns do entorno do Vello Cárcere sufriron diversos danos, o que provocou que se levantaran en varios puntos e que incluso desaparecesen, situación que estaba a causar molestias ás persoas que por alí pasan e cuio arranxo foi solicitado en varias ocasións pola veciñanza da zona.

Alexandre Penas valorou o traballo da brigada municipal de obras “con moi poucos operarios están resolvendo moitas incidencias na cidade, polo que agora mesmo estamos traballando en reforzar con persoal este servizo co fin de ter axilidade para solucionar os pequenos problemas que sufre a veciñanza de Lugo no espazo público no seu día a día”. Dende a propia concellería aseguraron que contan con ter en poucas semanas ese reforzo de persoal e mellorar así, con pequenas intervencións, a seguridade e a estética do ámbito urbano de Lugo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Javier Blanco C.#F7AS19
    Ago 29, 2019 - 10:09 AM

    Agora hai q repoñer as árbores q están case todas secas…

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com