Obras para a adecuación do sendeiro peonil os Toxeiros en Barreiros

A Xunta de Galicia rematará este ano as obras para a adecuación do sendeiro peonil Os Toxeiros, no Concello de Barreiros.

A actuación consiste en na recuperación dun tramo dun quilómetro de lonxitude dun camiño existente, para o que se procedeu á retirada de terras –que na actualidade obstruían o camiño- e posteriormente acondicionarase o sendeiro mediante o aporte de material de canteira.

A actuación localízase no entorno do barrio da Barranca, na parroquia de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros. A zona de actuación inclúe terreos que forman parte ou limitan coa Rede Natura 2000, na ZEC As Catedrais.

Esta actuación, que ten un orzamento de 60.000 euros, ten por finalidade garantir o seu carácter de utilidade pública, buscando un equilibrio entre o uso público seguro da mesma e a divulgación e conservación dos valores naturais e culturais polos que discorre, ademais de crear oferta no sector rural e a potenciación dun modelo de desenvolvemento sostible .

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com