O Concello de Lugo realizou onte, no cemiterio municipal unha ofrenda floral co motivo da festividade do 19 de marzo. Segundo indicou a Concelleira de Participación “trátase de lembrar a todas as familias, especialmente ás que non puideron despedirse durante o ano pasado debido á crise sanitaria”.
Durante a mañá, o Cemiterio Municipal contou coa animación musical do pianista lucense Luís Monsalve, formado en Conservatorio Clásico na especialidade de Jazz e Improvisación, e que conta cunha ampla experiencia profesional como arreglista e compositor de varias agrupacións de distintos estilos. Ademáis, conta con experiencia como intérprete en múltiples agrupacións.