Olalla Rodil encabeza a candidatura do BNG ao Congreso “para que Galicia teña voz propia”

A xornalista natural de Ribeira de  Piquín, Olalla Rodil, volverá encabezar as listas do bloque ao Congreso nas próximas eleccións xerais co fin de que Galicia “teña voz propia nas institucións”.

Esta mañá Rodil presentaba a súa candidatura en Lugo acompañada da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. A cabeza de lista dos nacionalistas na provincia sinalaba que “desde o BNG tomamos esta nova convocatoria como nova oportunidade e un novo reto para cambiar realmente as cousas”. A este respecto, a nacionalista engadiu que “fronte ao espectáculo e a vanalidade, queremos falar de política, sen tutelas de ninguén, para decidir sobre o noso alí onde se toman as decisións”.

Pola súa banda a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que “estas eleccións son unha segunda oportunidade para que Galiza recupere unha voz propia” e sinalou ao BNG como “a alternativa máis útil para Galiza por que galegas e galegos non temos que escoller entre desaloxar a Mariano Rajoy e ter unha alternativa que nos defenda, para eso está o BNG”. Pontón afirmou que “o BNG defenderá os intereses deste país sen importar a opinión de Pablo Iglesias, Pedro Sánchez, ou Mariano Rajoy”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com