Olalla Rodil critica a rebaixa da Xunta nos fondos que adica á Pastoriza

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou varias vías municipais do concello da Pastoriza, nas que concretou que  o concello pasou de recibir 92.085 euros no ano 2016 a 34.819 euros no ano 2017 “por que o PP decidiu quitar os fondos europeos”.

A parlamentaria do BNG, que estivo acompañada polos ediles nacionalistas na Pastoriza e veciños, informou que a redución nas axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 publicadas no DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017, “afectan a todos os concellos do país e dividen entre 3 a cantidade que percibían o ano pasado”.

A voceira do BNG na Pastoriza, Elva Carrera, asegurou que “os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 2 km de pistas na Pastoriza” e puntualizou que “ao custe da obras hai que engadir os gastos do o control de calidade, proxecto, dirección de obra, e o IVE que aporta o concello directamene o concello”, e denunciou que “a redución de fondos aplicada pola goberno do PP na Xunta vai impedir o arranxo da maior parte das pistas e camiños do concello”.

O concello pasou de recibir 92.085 euros no ano 2016 a 34.819 euros no ano 2017 e esta será a cantidade que recibirá tamén no ano 2018 “a máis baixa dos últimos 10 anos”, sinalou Elva Carrera que lembrou como durante o goberno bipartito da Xunta, no que o BNG tiña responsabilidades en Medio Rural, os concellos recibían un finanzamento axeitado ás súas necesidades e A Pastoriza viña recibindo preto de 180.000 €.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com