Olalla Rodil denuncia a “falta de rigor” da Xunta combatendo a avespa velutina

A candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, Olalla Rodil, denunciou esta mañá a “falta de rigor” da Xunta á hora de compater a avespa asiática. A este respecto, no trascurso dunha visita a un apiario lucense, Rodil asegurou ter constancia de que “a avespa asiática xa está no Concello de Lugo”, polo que “hai que actuar con seriedade e contar cos apicultores”. 

A nacionalista sinalou que “dende a Xunta non se está a traballar con rigor contra esta plaga, cando Euskadi, por exemplo, xa ten protocolos establecidos e centros de investigación”. “Temos coñecemento de queixas por parte de veciños e veciñas sobre a xestión que se está a realizar para poder desfacerse dos niños de vespa asiática, e sobre os protocolos á hora da retirada dos mesmos”, subliñou Rodil.

A candidata do BNG apostou pola creación dende a Xunta de departamentos de investigación especializados para facer seguimento “e establecer pautas de actuación” sobre esta praga. “Non pode ser que o único que se faga para tratar de controlar esta especie invasiva sexa crear un negocio para que empresas facturen un servizo á Xunta, que non acaba de ter a eficacia esperada e que é cuestionado dende diversos sectores” sentenciou a candidata do BNG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com