Olalla Rodil di que “a axenda de prioridades do BNG é a axenda de prioridades da nosa sociedade”

Olalla Rodil, candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, participou nun encontro-xantar no que recibiu o apoio de máis dun cento de persoas. Rodil salientou que “o BNG é o voto útil para que, a partir do 25 de setembro, teñamos un cambio real e se abra un tempo novo para as galegas e galegos”. No encontro participaron militantes, simpatizantes e persoas que tiveron, nalgún momento, responsabilidades orgánicas ou institucionais no BNG.

Rodil asegurou que “a axenda de prioridades do Bloque Nacionalista Galego é a axenda de prioridades da nosa sociedade” e engadiu “temos capacidade para crear emprego e riqueza aquí, garantir o benestar, porque temos os recursos e as persoas”. Rodil lembrou os milleiros de mozas e mozos que están espallados por todo o mundo por que “Feijoo e o PP negáronlles a posibilidade de poñer este país a producir”.

Visita a Baralla e Láncara

Durante a mañá Olalla Rodil achegouse a Baralla e Láncara para coñecer as deficiencias da estrada que une estes concellos que é titularidade da Xunta. Rodil mativo un encontro cos representantes do BNG nestas localidades e sinalou que “este é un exemplo de cómo eses gobernos municipais, amigos de Feijoo, non se atreven a defender aos seus veciños e veciñas diante de quen manda en Santiago por que para o PP o importante é defender ás construtoras e concesionarias que levan beneficios millonarios dos cartos das galegas e dos galegos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com