Olalla Rodil experimenta a odisea de chegar a Santiago en tren

As deputadas do BNG por Ourense e Lugo, Noa Presas e Olalla Rodil, realizaron unha viaxe-denuncia entre as capitais do interior e capital de Galicia para poñer en evidencia a discriminación que soportan estas provincias en materia de transporte ferroviario, con horarios escasos, duracións de viaxes interminables ou tarifas ata un 60% máis caras que nas liñas de ferrocarril, por exemplo, do eixo atlántico. Na saída da Estación de Lugo, a Parlamentaria Olalla Rodil destacou que “a viaxe que imos facer entre Lugo e Santiago dura o doble de tempo que viaxar en tren de París a Londres e custa exactamente o doble que ir de Vigo a Santiago cando o tempo se multiplica por 10”. 

Esta denuncia, a modo de trainmovie, empezou na estación de Lugo onde Olla Rodil colleu o tren das 11.10 con destino a Ourense, -seguindo a recomendación de Renfe para trasladarse en ferrocarril entre Lugo e Santiago-, para desde alí coller o enlace a Compostela con chegada ás 16.08, aproximadamente cinco horas máis tarde para un percorrido de 90 quilómetros que en coche consume 75 minutos.

Rodil dixo que “esta viaxe demostra que as conexións ferroviarias son terceiromundistas, estásenos falando do AVE e de intermodal, cando a realidade é que ir en tren de Lugo a Santiago, como nas peores train-movies de terror, leva 5 horas e custa máis de 30 €”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com