Olalla Rodil: “Grazas ás mulleres do rural, existe unha Galicia viva”

A deputada do BNG no parlamento de Galicia, Olalla Rodil, estivo xunto con integrantes locais da formación nacionalista na XXX Festa da Androlla en Navia de Suarna, na que mantivo un encontro coa veciñanza para coñecer as súas potencialidades, tanto gastronómicas, paisaxísticas como empresariais deste enclave dos Ancares.

“Os Ancares posúe unhas enormes potencialidades, na que se poden demostrar nesta festa, na que tanto a transformación das materias primas como a súa virtude paisaxística comprenden un enclave xenial para a dinamización do rural, só falta pór interese e medidas axeitadas”, declarou Olalla Rodil.

Dentro da axenda feminista que o bloque está desenvolvendo, a nacionalista fixo énfase no papel das mulleres rurais, xa que o seu papel segue sendo fundamental, “grazas ás mulleres do rural, existe unha Galicia viva, elas son as que levan adiante moitas clases de traballos que desgrazademente seguen a estar invisibilizados, como os coidados”, explicou Olalla Rodil, engadindo, “elas son as que pelexan pola supervivencia de moitas explotacións gandeiras á vez dos coidados dos maiores e das crianzas, son un piar fundamental para a vida e o futuro do rural galego”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Feb 24, 2020 - 02:10 PM

    Moi ben, os do BNG deixaronse ver na festa de Navia, falaron cos vecinos das cousas do pobo, de esa visita sacaron as conclusions e o rédito eleitoral que poideron, ¡ xa está ! así ten que ser una visita política, non coma os do PP, que aló onde van dan o coñazo a todos por todo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com