Olalla Rodil reclama un ferrocarril de proximidade

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, propuxo a creación dun sistema ferroviario propio por que “queremos e podemos xestionar e deseñar o noso sistema ferroviario”. Rodil afirmou que “o ferrocarril debería ser a conexión natural para unir as vilas e cidades galegas en “tempos normais e a prezos normais”. Rodil estivo acompañada de persoas que forman parte da candidatura nacionalista por Lugo para as eleccións galegas do 25 de setembro.

Olalla Rodil, denunciou o abandono que sofren as conexións ferroviarias en moitos lugares do noso país e engadiu que “moitas vilas contan con infraestruturas ferroviarias pero, sen embargo, están completamente illadas entre si. A candidata nacionalista dixo que “Lugo está nunha situación terceiromundista neste aspecto” e “non vai haber solución que veña dende fora se dende o noso goberno galego non poñemos os medios para dotarnos de medios ferroviarios”.

Rodil destacou a importancia de que o BNG abra un novo ciclo político no Parlamento Galego para defender os intereses das galegas e galegos e apuntou que “os partidos que toman as súas decisións a nivel estatal non se van preocupar por solucionar problemas que eles consideran provincianos”. Rodil remarcou que unhas das apostas do BNG é defender os sistemas de transporte útiles para as persoas e adaptados ás necesidades do país, ademais de defender a transferencia, a Galiza, da rede de ferrocarril “por que queremos e podemos xestionar e deseñar o noso sistema ferroviario”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Fina Senra Suarez
    Ago 30, 2016 - 06:11 PM

    Parabens, pola vosa revindicacion, forza e anino.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com