A candidata do BNG ao Congreso, Olalla Rodil, reivindicou en Chantada unha tarifa eléctrica galega que permita rebaixar o custo da enerxía as familias e as empresas.
A carón do encoro de Belesar, ,e acompañada por militantes do BNG, sinalou que “quixemos vir a este lugar porque é un bo exemplo do espolio enerxético ao que está sometido este país”.
“As galegas e os galegos teñen que ver compensados os custes medioambientais, ecolóxicos e sociais deste tipo de construcións hidráulicas e temos que ver como a enerxía se converte nun dereito básico, nun elemento fundamental para o desenvolvemento social e económico do país e non como temos co caso de Alcoa unha ameaza para 2.000 postos de traballo”, declarou a candidata nacionalista.
Nov 02, 2019 - 04:00 PM
Más y más utopías. Esta jente se cre que somos inveciles. No sabe de lo que habla