Hai formacións políticas ás que os medios de comunicación non prestamos a atención da que moitas son merecentesPara emendar esta eiva, XornaldeLugo contactou co Partido Galego, un grupo político de recente creación que comeza a súa andaina no eido político de xeito forte, xa que se presentan ás eleccións europeas coas súas propias siglas. Ademais é o único partido que só leva na súa listas galegas e galegos que viven neste país.
Olga Dourado, cabeza de lista do partido Galego as eleccións europeas respondeu ás preguntas de Xornal de Lugo.
– Que representa para o PG ir só ás eleccións ao Parlamento europeo?:
Das 33 candidaturas que se preséntan en España para os 61 eurodeputados que se poden elixir, o único partido que ten una candidatura cen por cen galega, presentada por un partido de país -non coalición- e que representa aimaxe mesma da sociedade galega, moderada, na centralidade e galeguista é o Partido Galego.
En conclusión, somos o único partido galego, con galegos e para Galicia e na nosa candidatura participa xente de todos os recunchos de Galicia, iniciándose por min que son rianxeira. Os galegos non deben perder a súa voz e as súas reivindicacións en Europa, onde se deciden as leis e repártense os fondos.
Aos votantes galegos dígolles que esta é unha oportunidade histórica para facer escoitar a nosa voz en Europa. Pídolles o seu apoio para levar adiante un proxecto que busca o benestar e o progreso de Galicia dentro do contexto europeo. Xuntos podemos construír un futuro máis próspero,sostible e orgulloso das nosas raíces. Galicia ten moito que achegar a Europa.
.- Cales son as propostas máis sobranceiras para este país que levan no programa?
Os eixos fundamentais do Partido Galego son: – Galeguismo: defensa da nosa terra, o noso patrimonio, a nosa economía, anosa cultura e a nosa lingua. En definitiva, da nosa identidade. Senrenunciar á nosa situación no estado español, damos preferencia ás necesidades e intereses de Galicia.
– Rural e pobo mariñeiro: englobando neste punto tanto o rural de montaña (agricultura, gandería e sector forestal) como o mar (pesca, marisqueo, etc).
Debemos facilitar e impulsar a vida nas áreas rurais e zonas produtivas do sector primario, asegurando a continuidade destas actividades, enlazándoas co sector industrial para darlle valor engadido e evitando a despoboación.
– Ecoloxismo: na liña da defensa da nosa contorna, priorizando e esixindo que calquera proxecto que se leve a cabo non sexa contaminante nin afecte negativamente aos nosos ecosistemas, e especialmente á auga potable, un ben cada vez máis escaso e prezado no mundo.
Puntos relevantes do programa electoral:
– Impulsaremos e potenciaremos a nosa Eurorrexión, formada por Galicia e o Norte de Portugal, que se configura actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, cheo de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.
– Galicia xoga un papel de centralidade estratéxica entre Europa e América. Mantemos fortes lazos debido á gran emigración pasada da nosaxente. Cabe destacar tamén que Galicia é o lugar do mundo por onde hai máis tránsito de barcos e avións, feito que debe repercutir dunha maneira positiva no desenvolvemento da nosa economía.
– Temos unhas rías cun valor produtivo único do mundo e somos a terra dos mil ríos, polo cal ten que ser unha prioridade a preservación emellora das nosas rías, os ríos e mares de todas as ameazas que o mundo actual supón, así como o desenvolvemento sostible de todo o tecidoeconómico e produtivo relacionado.
– Preservación e restauración do noso patrimonio cultural e arquitectónico (Galicia conta co 55% de todo o patrimonio español). Nestesentido os fondos “Next Generation” deberían resultar mais accesibles aos titulares deste legado histórico para evitar a espoliación por estranxeiros ou a deterioración e a ruína da esencia dos nosos pobos e das nosas aldeas.
– Potenciar o comercio de proximidade e a horta tradicional e ecolóxica, contribuíndo a fixar poboación e produtos de calidade conimpacto directo na saúde.
– Recursos enerxéticos. Estamos a ver que os recursos naturais e enerxéticos de Galicia non teñen un retorno ao pobo galego. Por iso hai quelembrar o símil da vaquiña de Castelao co lema de que “A nosa terra é nosa”, para facer viable o retorno dun beneficio económico polaexplotación dos mencionados recursos e enerxías.
– Apoio e mellora das condicións dos nosos autónomos, equiparando as súas cotas ás do resto de Europa, que son moito máis equitativas.Toda a riqueza natural da nosa terra, así como a súa localización, ten que servir para mellorar a vida do noso pobo así como conseguir o retorno do noso talento emigrado e a creación de empresas sostibles de I+D+i Lembremos que a agricultura galega require, para manterse nos territorios, apoios específicos para lograr implantar e asentar a poboación nas zonas máis despobladas. Nós como galegos cunha terra tan produtiva podemos abandeirar unha horta ecolóxica e con altos estándares sociais.
Para iso a unión europea debe de poñer en marcha instrumentos de regulación dos mercados, dando prioridade a unha maior sustentabilidade así como á transición agroecológica das granxas. Para lograr esta transición débense dar axudas a granxas que abandonen sistemas de produción industrializada, potenciando as boas prácticas como o pastoreo, a agricultura ecolóxica, a agrosilvicultura, utilizando sementes galegas e protexendo ás mesmas.Está a sufrirse unha normativa moi restritiva no uso de determinadas substancias, para preservar a saúde tanto animal, do consumidor e do medio ambiente. Dita normativa incrementa os custos de produción; con todo nos mercados atopamos produtos doutras latitudes que conteñen substancias daniñas, xerando unha competencia desleal. É necesario que a normativa sexa extensiva os produtos que veñen doutros mercados.
Propoñemos, igualmente, realizar unha homoxeneización entre os autónomos de forma que os nosos autónomos se sitúen nun estadio medio aos da UE, xa que na actualidade se sitúan na cota máis alta da UE. Libre competencia e circulación de traballadores si, pero en igualdade de condicións.
.- De non acadar unha cadeira en Bruxelas, teñen algún outro partido ou coalición que poda presentar algunhas das súas iniciativas en Europa?
Nós presentámonos para acadar representación e o noso mellor aval vai ser os votantes que o domingo aposten polo PG.
A partir do día 9 comeza unha etapa na que o PG está para permanecer, que o espazo do galeguismo, e da centralidade está no PG, e que buscaremos a mellor forma de xestionar iniciativas ao Parlamento Europeo. Cando sexa o momento si se fará público como avanzaremos mesa nova etapa.
Dito iso, no PG non renunciamos a ter representación, é máis, dado o alto índice de indecisos e as campañas de difusión en redes sociais e contactos en rede, o proceso está aberto a todo.
Non hai mais que ver como un Sr. en Madrid, só coa cobertura das redes sociáis ten segundo algunha enquisa opción a saír eurodeputado. Pois nós, a pesar que non temos moito apoio mediático para saír nas enquisas, si sabemos que chegamos a moitos milleiros de votantes.
.- Os labregos de todo o Estado e mesmo os doutros países como Francia están alporizados polas medidas implementadas pola PAC. Que ten que dicir o PG aos labregos galego sobre estas políticas?
Un dos obxectivos da política común agraria europea (PAC) é garantir unha agricultura sostible no territorio europeo. Con todo, non só non se observan melloras nos últimos 30 anos senón que, ademais, empeorouse o estado do medioambiente, da biodiversidade, da sociedade e da saúde pública.
As medidas deben estar interrelacionadas de maneira coherente e permitir un funcionamento a longo prazo baseándose en altos estándares ecolóxicos e sociais. No período de transición no que nos encontramos, isto supón que a PAC debe de traballar no seguinte:
– Unha posta en marcha pola UE de instrumentos de regulación dos mercados e de xestión da oferta e redirixa as axudas dando prioridade aunha maior sostibilidade e a transición agroecolóxica das granxas.
– Favorecer a creación de granxas e a transmisión das mesmas.
– Apoiar as boas prácticas: pastoreo, agricultura ecolóxica, multifuncionalidade, agrosilvicultura, preservación da biodiversidade,sistema de sementes labregas.
– Orientar a política de desenvolvemento rural cara ao (re)desenvolvemento da transformación alimentaria artesanal descentralizada e as cadeas de valor rexionais, así como a diversificación das granxas, o reforzo dos grupos de produtores. O Partido Galego aposta firmemente polas denominacións de orixe protexidas (DOPs) fronte as indicacións xeográficas protexidas (IGPs), xaque nas DOPs a produción, transformación e elaboración realízase na mesma zona xeográfica e, en consecuencia, son capaces de fixar poboación de maneira real nun determinado lugar.
Do mesmo xeito que no sector do mar, o goberno do país debería fomentar a unión dos pequenos autónomos, pemes e cooperativas para poder acceder aos fondos “Next Generation”, democratizando ese tipo de axudas, e posibilitando que non só as industrias sexan as únicas á hora de optar ásaxudas.
No seu día a pandemia e o bloqueo da canle de Suez xa habían tensionado as cadeas de subministración e forzado a Europa a revisar o impacto da globalización. Os cidadáns europeos descubriron que a UE era moi dependente de terceiros países en subministracións. Especialmente de China, que representa o unha alta porcentaxe de todas as importacións da UE.
Esta dependencia non só afecta as cadeas de subministración e por tanto á produción, senón tamén ao obxectivo da Unión Europea de serclimáticamente neutra en 2050.
Así pois o comercio internacional debe de ser máis coherente e reducir o seu impacto global tanto no lado social como a nivel ambiental. O programa “da granxa á mesa”, que ten como obxectivo producir alimentos de forma máis local, ou os plans para incrementar a economíacircular son algunhas das propostas que a Comisión Europea ten lanzado nos últimos meses para reducir as cadeas de subministración.
.- Que lles parece o proxecto de ALTRI?
Sobre Altri estamos en contra de macroproxectos como este e que ademais absorbería orzamentos por valor de 300 millóns. Con ese diñeiro poderíanse poñer en marcha moitas outras industrias por todo o territorio grazas ao I+D. Non estamos a favor dunha empresa que consumiría tanta auga ou máis que a provincia de Lugo, contaminaría o río Ulla, alteraría a biodiversidade e sería unha bomba para a ría de Arousa.
En definitiva, estamos en contra de Altri, porque cremos que o investimento dos fondos Next Generation nunha empresa altamente conta minante que vai destruír a nosa biodiversidade e contaminar os nosos ríos non ten sentido como parte dunha transición ecolóxica, que é para o que están destinados eses fondos. Os nosos retos están asentados en tresvértices: o medio ambiente, o tema social ca recuperación do talento, e o tema económico. Non podemos ter tanta riqueza natural, como bosques autóctonos, rías e ríos únicos, e non aproveitar o talento galego espallado polo mundo para crear empresas exemplares en Europa.
Eses fondos deben ser repartidos en empresas sostibles e respectuosas co medio ambiente. Isto é posible, pero para iso é moi importante que todas as medidas sexan claras no sector no que se traballa. Temos que escoitar aos nosos traballadores do mar, aos nosos agricultores, e a xente dos sectores produtivos.
É importante que a lexislación europea sexa sensible á nosa realidade local, permitindo que os fondos cheguen a Galicia e beneficiando así odesenvolvemento sostible e respectuoso cos nosos valores culturais.
.- Diríxase aos lectores de Xornal de Lugo e explíquelles porque debenvotar ao PG?
En definitiva, pretendemos levar a cabo no Parlamento Europeo unha política totalmente diferente a actual, e rexeitamos de forma contundente as políticas de bloques de choques, as do insulto, as da antipolítica, as do “y tú más”, as do espectáculo, as dos bulos… apostamos polas políticas do sentido común (o sentidiño), as da moderación, sensatez, firmeza, poñendo a Galicia no centro e recuperando os valores humanos, da política útil, de País, do noso, do orgullo de sermos un pobo próspero, traballador e admirado en moitas partes do mundo, fagamos diso unha sinal de identidade, fagámonos valer en Europa. Como dicía Manuel María, “Galicia é o que vemos, a terra, o mar, o vento… pero hai outra Galicia que vai no sentimento”. De aí o noso lema: “Galicia fin da terra e centro do mundo”. Galicia referente europeo. Candidatura 100% galega.