A candidata de CS, Olga Louzao, visitou o barrio do Carme acompañada por gran parte dos membros da súa lista onde puido conversar con algúns dos veciños que aínda residen na zona. Louzao anunciou que no próximo mandato impulsará “un novo marco normativo que permita rexenerar zonas con alto grao de degradación como é o Carme, A Tinería, A Milagrosa ou o Barrio Feijoo.
“É necesario comezar a redacción dunha novo PXOM e modificar o PEPRI. Ademais é necesario crear un Programa de axudas á rehabilitación nas zonas degradas utilizando a oportunidade que brindan fondos europeos para alcanzar o 90% de financiamento da reforma dos inmobles destinados a residencia habitual. Pola contra, moitos propietarios non poderán asumir os custos e a recuperación será un fracaso», expuxo Louzao.
“De nada serve que o Goberno local planee unha intervención puramente cosmética na vía pública ou que anuncie aos catro ventos un plan de rehabilitación, de xeito evidente insuficiente, na Milagrosa. Estes proxectos de pompa están abocados a ser un novo fracaso xa que falto financiamento, falta vontade política e, sobre todo, falta unha normativa urbanística que ampare a transformación que necesitamos na nosa cidade”. “O PEPRI é un claro exemplo, impide a rehabilitación, xa que en moitos ámbitos, como é o caso de o Carme, con esta norma só se pode realizar traballos de conservación”, sinalou a alcaldable.
Para Olga Louzao, “a degradación por falta de investimento público trouxo aparellados unha serie de problemas comúns en todos os barrios degradados da cidade: ocupación, delincuencia, venda de drogas, marxinalidade, problemas de convivencia, e unha clara sensación de falta de seguridade.
O barrio do Carme, segundo Louzao” reúne todas as problemáticas que nos atopamos ao longo da cidade. Aos problemas de ocupación, prostitución, vandalismo, falta de seguridade, inmobles en risco de derrube, súmase aquí un abastecemento de auga obsoleta, infraestruturas desfasadas e unha iluminación pública deficiente que fan complicadísimo que esta zona sexa habitable”.
Para rematar aseverou que “o 20% das edificacións están en ruínas e o 76% baleiras. Debemos lograr que esta xoia patrimonial sexa un espazo para vivir”, explicou. A xestión do Goberno rematou por afundir estes barrios emblemáticos da nosa cidade convertendo aos seus veciños en cidadáns de segunda”. Concluíu.