Onte quedaron abertas todas as estradas afectadas pola neve

Un operativo para mantívose activo durante este xoves para paliar os efectos da neve nas estradas provinciais dos concellos da provincia afectados nas últimas horas. Na tarde deste día quedou aberta a totalidade da rede viaria provincial tras unha mañá de intenso traballo, nas que se acadaron espesores de 10-12 centímetros.

Os concellos máis afectados pola neve foron os de Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Folgoso do Courel. O operativo despregou a 48 operarios e 32 máquinas e vehículos, dispoñendo, así mesmo, dos 12 silos de sal daDeputación. abastecidos con 35 toneladas cada un.

Nas próximas horas o dispositivo manterase nas bases en alerta, prestando atención a evolución meteorolóxica para actuar no caso de que as nevaradas non remitan e impidan a circulación pola rede viaria provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com