Operativas as dúas brigadas forestais que comezaron desbrozando o Camiño Primitivo

As dúas brigadas de prevención e loita contra incendios forestais do Concello, formadas por dez traballadores e traballadoras, entraron en servizo, comezando as súas tarefas co desbroce do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. Así o comunicou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen lembrou que este servizo funcionará durante os vindeiros tres meses ao abeiro dun convenio de colaboración entre a administración local e autonómica para a defensa contra o lume.

Cada brigada conta con cinco traballadores: un capataz e catro peóns, que se distribúen en catro quendas (unha pola mañá, dúas pola tarde e unha pola noite). O seu plan de traballo inclúe, ademais das labores de extinción de lumes, desbroce de maleza para prevención.

Por outra banda, catro socorristas comezaron esta semana a prestar labores de  vixilancia e salvamento acuático no entorno do Miño. Tamén ao abeiro dunha axuda autonómica, continuarán ata setembro. Inicialmente, a achega permitía a contratación de cinco persoas, pero do listado remitido pola Xunta, de 15 candidatos, só se presentaron ás probas 6 e deles dous xa estaban traballando.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com