A oposición ‘salva’ o San Froilán grazas ao bo tempo e a participación cidadá

Remate do San Froilán, e con el chegan as valoracións oportunas da corporación municipal. Este ano, as patronais estiveron marcadas por tres factores clave: o bo tempo, a gran presenza policial e a, tamén grande, afluencia de público. Unha das primeiras en facer valoración tralo Concello foi a voceira de cidadáns que apuntou a dous destes factores como claves no éxito do San Froilán: o bó tempo e a participación cidadá.

Olga Louzao agradeceu a todos os lugueses a súa implicación xa que salvaron, afirmou, “unhas festas grises”. Cidadáns considerou que “o Goberno municipal elaborou un programa pouco innovador que non incluía ningunha actuación que puidera dar proxección ás patronais”. Por último, Louzao reiterou unha petición que o seu grupo presentou hai máis dun mes: que a Comisión de Festas se abra o vindeiro anoa todos os sectores da sociedade que queiran participar. 

Moi na liña de Louzao valorou estas festas a da edil popular, Encarna Amigo, quen cualificou o San Froilán deste ano como “aceptable”, agradecendo o bo tempo e a participación cidadá pero sen olvidarse de lamentar “a pouca previsión do goberno local”. A concelleira realizou esta reflexión despois de comprobar como, salvo no día de onte, no que sí que se abarrotou o feiral, “en ningún intre houbo unha afluencia de público como en anos anteriores”. Ademais, Amigo quixo felicitar a labor da Policía Local durante os festexos, xa que coa súa actuación conseguiron evitar o “caos
circulatorio doutros anos” e, grazas a presencia da Policía Local e Policía Nacional na rúa, os festexos destacaron pola ausencia de alteracións do orde público e as celebracións foron “tranquilas e seguras”.

Tamén a alcaldesa, Lara Méndez, fixo un balance das festas que tildou como “unhas festas de toda a cidade” e un “San Froilán para enmarcar” e lembrou que o Feiral seguirá aberto esta fin de semana, coa celebración do día dos nenos, con precios rebaixados nas barracas. Aínda que, tal e como explicou Méndez, a cuantificación das persoas que pasaron polo San Froilán “é moi difícil de facer, precisamente porque foron moitos días e houbo xente por toda a cidade”, tanto os datos oficiais da Oficina Municipal de Turismo e da caseta informativa que instalou o Concello na Praza Maior, que atenderon a preto de 10.000 persoas, como a ocupación hotaleira ofrecida pola APEHL, de entorno ao 90%, amosan o éxito de participación da festas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com