San Vicenzo dos Vilares é unha igrexa coñecida por celébrar a popular romaría da Virxe dos Desamparados.
É por iso que vos pregamos San Vicente e Nosa Señora dos Desamparados para que movades a consciéncia das administracións públicas para que non deixen desaparecer os frescos da igrexa.
Como ben sabedes, as orixes do templo datan do s. XII, se ben os restos románicos redúcense aos muros laterais da nave con varios canecillos, sendo a fachada principal do XVIII.
No exterior o conxunto está formado un atrio murado con baixo muro de pedra granítica, con cruceiro, dúas pilas bautismais e un sarcófago. Támén existe un Calvario nas inmediacións que leva dez meses sen un pedazo do mastro e a cruz por un accidente de tráfico.
No interior ten catro retablos neoclásicos e un barroco con tallas dos ss. XVII e XVIII, aínda que destacan especialemnte os restos de pintura mural ó fresco do S.XVI, que forman un ciclo de grande calidade artística ó longo dos muros da nave, con distintos temas, como o do enterro do Conde Orgaz da autoría, segundo o profesor Monterroso Montero do afamado Mestre de Parga, de grande respeto naquela época.
O estado xeral de conservación é verdadeiramente moi malo. A gravedade acelerada e activa dos axentes de deterioro, provoca en primeiro lugar o risco de desprendemento das pinturas murais, polo que urxe imperiosamente proceder á sua restauración, xa que de acabar caendo, a súa pérdida sería irreversibel.
Ademáis deste perigo urxente de resolver, o seu aspecto sucio e abandonado desvirtúa a súa calidade como elemento singular e moi visible de este templo teu, San Vicenzo dos Vilares, centro de peregrinaxe senlleiro.
En conclusión podemos dicir que se está a perder un ciclo mural ao fresco de gran relevancia artística é histórica para a provincia de Lugo coa pasividade das diferentes administracións a pesares de que a súa restauración sería perfectamente asumibel económicamente e e que a salvación das pinturas suporía un importante valor para o patrimonio da provincia.
A perda destas pinturas será unha grande irresponsabilidade por parte da Igrexa, a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Guitiriz, sabedores da trascendencia desta obra e do perigo existente de perda definitiva si non se actúa con urxencia, pois os frescos murais dos Vilares teñen V SÉCULOS DE NÓS, é património de tod@s e non só da igrexa e as administracións teñen o deber de preservalos e poñelos en valor e volver a atraer peregrinaxe non só á Romaría da Nosa Señora na Pascua, senón ao longo de todo o ano.
É por isto que vos pregamos que movades os fríos e calculadores corazóns administrativos das institucións e non deixedes desaparecer tan valiosa decoración renacentista das paredes románicas da igrexa e que esta recupere o explendor e o seu enorme valor patrimonial conservado ao longo de séculos e séculos e co perigo de desaparecer en só 26 anos após do seu descubrimento ao quitar o caleado profiláctico minhas obras na o cando era párroco Segundo Pérez, hoxe Deán da catedral compostelá.
E para que así sexa pregamos que intercedades polos vosos/nosos frescos, San Vicenzo e Virxe dos Desamparados, para que sigan nas paredes da igrexa, AMÉN!
Autor: Antón Tenreiro Ferreiro /ANTÓN DE GUIZÁN
Post Views: 0