Orbazai énchese de música tradicional e artesanía na súa sexta foliada anual

A parroquia lucense de Orbazai encherase de música tradicional e artesanía coa celebración da súa sexta foliada anual que terá lugar este sábado catro de xuño.

Durante a presentación deste evento, a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, agradeceu aos veciños e veciñas de Orbazai o seu empeño en levar a cabo desde hai seis anos esta xuntanza que une música tradicional, artesanía e bo xantar, “para que a parroquia goce de todo o noso, a nosa tradición, as nosas costumes e a nosa música”.

A edil aproveitou para convidar aos lucenses a achegarse ao campo da festa de Orbazai a esta foliada que recupera a cultural e a música tradicional “nun marco inmellorable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com