A reunión que mantiveron o alcalde en funcións Xosé López Orozco e o Secretario Xeral dos Socialistas Galegos Gómez Besteiro, deu como resultado a renuncia de López Orozco a presentarse de novo como candidato á alcaldía de Lugo. Dende a primeira xuntanza que se producira entre Lugonovo e o Psoe, para chegar a a un acordo de goberno, nunca estivo riba da mesa a proposta de se Orozco debía renunciar ou non a ser o canditato a alcalde, polo que se daba por suposto que o desenlace acabaría en renuncia, como así sucedeu.
Así, Lara Méndez Vicepresidenta da Deputación de Lugo, seguinte na lista, será a encargada de chegar a un consenso con Lugonovo e Bng, para acadar un acordo de goberno e dirixir o Concello de Lugo nos vindeiros catro anos.