Os 800 km de Camiños de Santiago que transcorren por terras lucenses, no Fairway

O Deputado de Turismo Eduardo Vidal puxo en valor esta mañá en Compostela, no marco do Fairway, III Forum do Camiño de Santiago, a enorme importancia territorial das rutas de peregrinación e a influencia da provincia de Lugo en milleiros de peregrinos que acceden a Galicia por algunha das 4 grandes rutas xacobeas que atravesan practicamente a metade dos Concellos desta provincia.

O Deputado de Turismo foi o encargado da presentación oficial da provincia de Lugo no que é o encontro profesional máis importante sobre rutas xacobeas; punto de encontro entre axentes, institucións, empresas e demais profesionais vencellados ao Camiños de Santiago.

Desde o pasado domingo e ata o martes 12 de febreiro, a Deputación ten presenza cun stand neste importante encontro turístico coa fin de promocionar os itinerarios xacobeos que atravesan a provincia de Lugo: o Camiño Francés, o Camiño Primitivo, o Camiño do Norte e o Camiño de Inverno e os todos recursos patrimoniais, gastronómicos e histórico-culturais da provincia.

Vidal Baamonde destacou que “a provincia de Lugo é a gran porta de entrada a Galicia de milleiros de peregrinos cada ano. Conta con máis de 800 km de itinerarios xacobeos que discorren por 30 dos seus 67 concellos. Practicamente, a metade do territorio lucense está atravesado por algunha das 4 rutas xacobeas recoñecidas oficialmente -Camiños Francés, Primitivo, do Norte e o de Inverno-. En Fairway queremos continuar impulsando estes itinerarios xacobeos e dar a coñecer toda a riqueza cultural, histórica e gastronómica dos nosos concellos polas que discorren”.

O Deputado de Turismo anunciou que “3 novos camiños alternativos xa están sendo investigados e documentados para un posible recoñecemento oficial no futuro: o Camiño do Mar pola Mariña lucense; a Vía Regia del Norte ou Camiño de Abres a Lugo por Meira, e a Vía Künig que segue o mesmos itinerario que fixo un monxe alemán aló polo ano 1495. Sen dúbida, os camiños xacobeos constitúen un importante impulso económico e cultural para a provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com