Os amantes do running teñen unha cita en Lugo o vindeiro sábado, 16 de xaneiro

A cidade acollerá a proba deportiva Corre con Nós. Nocturna Monumental, unha carreira popular enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larasa Corre non Nós que engloba 6 carreiras de xaneiro a xuño. O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, presentou este mércores no Salón de Plenos esta competición que terá un recorrido de 4 quilómetros para os adultos e entre os 300 metros e os 2 quilómetros para as categorías infantís. Ao acto tamén asistiron representantes de Viesgo, Coca-Cola e Caixa Rural, colaboradores do evento.

Fernández declarou que “a carreira Corre con Nós enmárcase na nosa aposta por promover as actividades deportivas así como no noso compromiso co deporte, en todas as modalidades e para todas as idades”, ao tempo que fixo fincapé no elevado número de participantes que se darán cita en Lugo “nesta proba deportiva de referencia na cidade e na provincia”, máis de 2.500 persoas, “o que da conta da boa acollida e do éxito desta carreira, tan esperada polos lucenses”. Neste senso, tal e como deu a coñecer o Concelleiro, “Corre con Nós supón unha oportunidade única para gozar do entorno da cidade ao tempo que se practica deporte”.

A carreira partirá da Praza Maior entre as 18:00 e 18:30 horas para a categoría mini (nados no 2010 e 2011 e de caracter non competitivo), a categoría A (nados no 2007, 2008 e 2009), B (2004, 2005 e 2006) e C (2001, 2002 e 2003). Ás 19:00 horas terá lugar a saída para a categoría adulta. O punto de partida será a Praza Maior.

Os cativos e cativas da categoría mini realizarán un recorrido de 300 metros, ou o que é o mesmo, unha volta á Praza Maior, a partir das 18:00 horas. Ás 18:10 terá lugar a saída para a categoría A, que correrán 850 metros dende pola Praza Maior, Campo Castelo, Ronda da Muralla, rúa Ángel López Pérez, rúa Vilaba, Bispo Aguirre e volta á Praza Maior. Os corredores da categoría B sairán ás 18:20 e percorrerán 1.230 metros pola Praza Maior, Campo Castelo, Ronda da Muralla, Ángel López Pérez, Framón Ferreiro –ida e volta-, rúa Vilalba, Bispo Aguirre e Praza Maior. Por último, a categoría C percorrerá 2 quilómetros con saída ás 18:30 horas. O itinerario é o mesmo que a categoría B añadíndolle as rúas Rodríguez Mourelo e Doutor Portela –ida e volta-.

Os adultos sairán ás 19:00 horas e realizarán o mesmo recorrido que a categoría C, soamente que serán dúas voltas.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar os domingos 14 de febreiro, 13 de marzo e 17 de abril, así como o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com