Hai un tempo, emitiuse pola televisión unha serie titulada LA TIERRA SIN NOSOTROS, que mostraba dun xeito moi gráfico o que ocorriría se os humanos desaparecíamos do planeta, véndose que sin os humanos que mantivesen os sinais da civilizacións, todas as obras humsnas desaparecerían e a terra volvería a un estado primixenio, chegando nun plazo relativamente breve a esquecerse totalmente a pegada dos humanos no planeta terra.
Algo tería de alegoría aquela serie para indicar a fugacidade das nosas accións, das nosas obras, fronte ao poder case infinito da natureza que sempre reclama e consegue restaurar o seu papel preponderante nun mundo no que somos uns advenedizos que chegamos hai pouco tempo.
Pode ser unha alegoría ou premonición, certamente, desto que digo que os xabaríns invadan deterinadas zonas da capital lucense, tendo sido fotografíados camiñando con tranquilidade por rúas e avenidas que coidabamos totalmente alleas aos animais en liberdade. Que os animais invadan zonas urbanas porque teñen fame e non consiguen alimentos nas zonas que tan ben controlan e aos humanos lles é máis difícil chegar, dista moito de ser unha anécdota tendo que ser considerado como un sinal moi importante de que algo está cambiando na relación humanos-animais, ou mellor na relación natureza-animais-humanos.
E algo parecido ocorre nun video que hai unhas semanas circuou pola rede, onde en Abadín se gravaron imaxes de lobos circulando preto da xente, cando este animal ten tanto medo do humano como humano del.
Estes días tiven un novo aviso cando unha veciña da miña casa, na zona da Milagrosa, me confesa preocupada que se viu un grande rato polas nosas rúas, o que coincide cunha nova que indica que Compromiso por Galicia, en Sarria, pide actuacións urxentes para frear a proliferación de ratos, que ao parecer infestan os sumidoiros, pasean polas rúas e entran nas casas.
Se non é un aviso de que empezan a cambia-las tornas, si é un aviso para que os poderes públicos tomen medidas en temas que parecen doutros tempos e, polo que se ve, non son de onte senón de hoxe, e –ogallá non- de mañá