Os autónomos deberán realizar os seus trámites por vía electrónica

A Tesourería Xeral da Seguridade Social lembra aos traballadores autónomos que están obrigados a realizar por vía telemática todos os trámites relacionados coa afiliación, a cotización e a recadación de cotas. Isto inclúe a recepción, por comparecencia na Sede Electronica da Seguridade Social, das notificacións e comunicacións da Tesourería Xeral da Seguridade Social. 

Así o determina a Orde ministerial ESS/214/2018 de 1 de marzo de 2018, que outorgou un prazo de seis meses (entre o 1 de abril e o 1 de outubro) para que os traballadores por conta propia se foran adaptando. Esta medida afecta ademais de aos traballadores autónomos, aos traballadores do Sistema Especial de Traballadores Agrarios (SETA), e aos traballadores do grupo I do Réxime Especial de Traballadores do Mar. Ata este momento, o 85% das xestións realizadas por autónomos xa se realizaban por medios electrónicos.

 A Tesourería Xeral da Seguridade Social puxo á disposición dos traballadores afectados por esta medida dúas canles a través das cales se pode facer efectiva esta obriga: o Sistema RED (Sistema de Remisión Electrónica de Datos), a través dun autorizado que actuará en representación do autónomo, e a Sede Electrónica da Seguridade Social, onde o traballador pode acceder a un amplo catálogo de servizos para a realización dos seus trámites.

Para utilizar a Sede Electrónica, o traballador debe dispor dun sistema de autenticación que garanta a súa identidade, como un certificado electrónico admitido pola Seguridade Social, o DNI electrónico ou o Sistema Cl@ve. As propias oficinas da Seguridade Social facilitan a obtención do certificado persoal da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, previa solicitude na páxina da entidade.

Todos os servizos dirixidos aos traballadores autónomos son accesibles con este medio de autenticación, mesmo o servizo de consulta e firma de notificacións telemáticas. Permite, ademais, a presentación de solicitudes a través do rexistro electrónico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com