Os profesionais do Parque Municipal de Bombeiros de Lugo conmemoran este xoves o seu patrón, San Xoán de Deus, con distintas actividades. Os efectivos do parque de Lugo, ataviados cos novos uniformes, achegáronse ata a Praza Maior nos distintos vehículos cos que conta este servizo municipal para facer unha fotografía de familia.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Voceiro Municipal, Miguel Fernández, saudaron aos bombeiros no día que celebran esta festividade, polo respecto á súa profesión. Teñen prevista tamén unha comida de confraternidade, á que asistirán tanto profesionais en activo como xubilados.