Os bombeiros liberan a un camioneiro que quedou atrapado no seu vehículo en Guitiriz

A A8 rexistrou esta tarde unha colisión entre dous camións que obrigou a intervir aos bombeiros para rescatar a un dos condutores atrapado no seu vehículo.

Unha vez liberado, o ferido puido ser atendido polos profesionais sanitarios, xunto co outro condutor implicado no accidente.

En total, foron dúas as persoas feridas como consecuencia dun choque entre dous camións, un frigorífico e outro grúa, no punto quilométrico 585 da A8, ao paso polo concello de Guitiriz. Os datos do sinistro facilitounos en primeira instancia unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia pasadas as tres desta tarde. Segundo o seu relato, un dos condutores implicados estaba atrapado no interior do seu vehículo, por iso, o persoal do 112 Galicia informou aos Bombeiros de Vilalba. De feito, foi un equipo deste parque comarcal quen liberou ao ferido e facilitou a súa atención por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Neste operativo tamén participou unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e membros do servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com