Os feitos ocorreron ás 13:30 horas de hoxe no lugar da Agra, en Corvello, concello de Sarria. Segundo a persoa que chamou ao 112 Galicia, un home necesitaba axuda tras quedarlle unha perna atrapada nunha máquina agrícola. Concretamente, tratábase dunha motoazada e, malia que estaba consciente, era necesaria a intervención dos bombeiros para liberar a súa perna e recibir asistencia médica.
Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos Bombeiros de Monforte, así como aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decidiron enviar unha dotación a bordo do helicóptero con base en Ourense para favorecer unha traslado rápido e eficaz.
Ademais, foron alertados os axentes da Policía Local e da Garda Civil.