Os bombeiros rescatan ao condutor dunha furgoneta atrapado tras bater contra un turismo na A-8, en Vilalba

Os bombeiros de Vilalba rescataron onte ao condutor dunha furgoneta que quedou atrapado despois de colidir cun turismo cando circulaba pola A-8, ao paso pola parroquia vilalbesa da Torre.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a colisión produciuse preto das dez da noite pasada no punto quilométrico 583 da A-8, en sentido ao seu enlace coa A-6.

Como consecuencia do impacto, o condutor da furgoneta quedou atrapado e tivo que ser liberado polos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba.

Unha vez fóra do vehículo, o ferido puido ser atendido polo equipo do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que o seu estado de saúde non revestía gravidade.

Tamén foi trasladado o único ocupante do turismo co mesmo obxectivo de someterse a unha revisión médica e descartar posibles lesións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com