O corpo de bombeiros de Lugo visitou esta maña a área de pediatría do HULA. Unha visita chea de agasallos, para os nenos e nenas que non poderán pasar a noite de Reis nas suas casas. Ademáis de presentes para os máis pequenos, tamén houbo tempo para leer contos e compartir experiencias.
Miguel López, sarxento dos bombeiros de Lugo, destacou que “Ver a implicación da alcaldesa de Lugo coma de todo o Corpo de Bombeiros de Lugo ós que lles quero atribuír o mérito foi toda unha experiencia positiva tanto para os pequenos como para nos”.
A esta visita uniuse a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen recalcou que “A nosa intención é a de facerlles así máis levadía a súa estancia nestas datas tan sinaladas a estes pequenos e pequenas que se atopan ingresados no hospital”.
Xan 05, 2020 - 08:52 PM
A ver … sin maldad alguna, a los niños de un hospital los tienen que visitar médicos y enfermeras , por supuesto familiares y amigos, cuando proceda, pero estos días tienen que estar hasta las narices de estrés de tanta visita de bomberos, futbolistas, baloncestistas, clubs de motoristas y amigas fans del punto de cruz ¡carajo! parar ya, y algunos visitar más a vuestros própios hijos, que en algunos casos no es así.