Os buses urbanos serán gratuítos mañá todo o día pola Semana Europea da Mobilidade

O Concello informa de que mañá, mércores 21 de setembro, os autobuses urbanos serán gratuítos para todos os pasaxeiros durante todo o día, unha medida coa que se trata de contribuír a fomentar o uso do transporte público colectivo, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade.

Neste sentido, o Goberno Local pretende concienciar a cidadanía da importancia dunha mobilidade e medios de transporte máis sostibles e respectuosos co medio ambiente. Ademais o Concello aposta pola implantación de actuacións para humanizar a cidade, facéndoa máis habitable e cómoda para a cidadanía.

Esta actuación súmase a outras que está a realizar a entidade local, como a instalación de preto de sesenta prazas gratuítas de aparcamento para estacionar bicicletas en varios puntos do casco histórico da cidade, nas que se invisten uns 10.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com