Os casos activos de Covid 19 baixan na provincia ata os 606 pese á suba de novas infeccións

Son 606 as persoas que contan nestes momentos cunha infección activa por coronavirus. Son 165 persoas menos que as notificadas o luns. Estas cifras danse tras unha ponte festiva na que se superaron as 200 altas médicas pero na que tamén houbo confirmacións de casos positivos; na xornada de onte, foron 31 estes novos casos detectados por PCR.

Doutra banda, eleváronse tamén os falecementos. Entre o luns e o martes sumaron un total de 4 persoas vítimas do virus. Trátase de dos homes de 82 e 93 anos e dúas mulleres de 90 e 94, todos eles usuarios da Residencia da Terceira Idade de Vilalba.

En canto á presión hospitalaria, elévase hoxe lixeiramente logo dun gran descenso no día de onte, ata os 27 ingresados en planta, cifras moi semellantes as da pasada semana que rondaban os 30. E tamen significativa a suba da ocupación na UCI do HULA que conta con 3 persoas con infección activa de Covid19 e que supón dúas máis que o luns.

Con todo, son xa 5.788 as persoas que superaron a enfermidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com