Os casos activos por Coronavirus increméntanse en 2 con respecto a onte

Hoxe  volveu subir o número de positivos na Área de Lugo, 24, con respecto ao día anterior que só foran 3 os novos contaxiados. Con estes datos o número total de casos ascende a 212, dous máis que onte.

Sanidade comeza a vacinación masiva das persoas entre 50 e 55 anos

A Consellería de Sanidade comezou onte vacinación das persoas entre 50 e 55 anos, cun plan piloto na Cidade da Cultura de Santiago con 1.000 persoas convocadas. Para hoxe está prevista a vacinación doutras 19.000 persoas coa vacina de AstraZeneca, unha vacina que presenta menos problemas de conservación e que está dirixida ás persoas  nesa franxa de idade.

Na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos está convocadas: 1.700 persoas no Hula, 500 no Hospital da Mariña e 300 no Hospital de Monforte, en horario de 9:00 a 19:00 horas no Hula e de 9:00 a 15:00 horas nos hospitais de A Mariña e Monforte de Lemos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com