Os casos activos por Coronavirus na Área de Lugo xa son 104

Nas últimas vinte e catro horas os casos activos por Coronavirus na Área de Lugo, pasaron de 99 a 104, cinco máis que onte. A nivel de Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de Coronavirus son 1.158, deles 700 son da área da Coruña, 78 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 129 da área de Vigo, 46 da de Santiago, e 42 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 44 en unidades de hospitalización e 1.114 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.559 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 277.462.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com