Os casos de coronavirus activos en Lugo son 244

A cifra en comparanza coa de onte que era 675, semella ser errada, máis  o Ministerio de Sanidade explica que se incorporaron ás cifras das altas, persoas que xa erstan curados e non só as hospitalarias, o que da como resultado esta nova cifra sesnsiblemente máis baixa que a de días pasados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.526, deles 880 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 715 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 808 da área de Vigo, 505 da de Santiago, e 159 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 482 están en unidades de hospitalización e 2.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.393 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 93.118.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com