Os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo aumentaron en 10 persoas nas últimas 24 horas, logo do rebrote de onte na Mariña. Hai que seguir apelando á resposabilidade da xente para que cumpra extrictamente coas medidas implementadas polas autoridades sanitarias, senón queremos volver ao confinamento, porque o virus segue estando aí e en calquera momento pódese contaxiar calquera persoa.
Con estes datos, Lugo sitúase con 27 casos activos, dous hostitalizados, un no Hula e outro no Hospital da Mariña, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización;
O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 333, 2 máis que onte. Deles 102 son da área da Coruña, 27 da de Lugo, 22 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 5 están en unidades de hospitalización e 328 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.563 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 170.204.