Os cines Codex abren este mércores coa estrea do filme “Xorda”

Esta Semana Santa adiántanse as estreas ao mércores 16, e os Codex Cinema abriran as súas portas tamén este mércores coa estrea dos filmes “XORDA” e  “PRODIXIOSAS”.

“XORDA”, un drama brillante con momentos de felicidade, de tristura, de superación, unha alegación moi fermosa, o mellor retrato da maternidade cunha soberbia interpretación da actriz Miriam Garlo e cun Álvaro Cervantes que borda o mellor papel da súa carreira.

Sinopse:  Ángela, unha muller xorda, vai ter un bebé con Héctor, a súa parella, oínte. O embarazo  fai  que aparezan os seus medos sobre a maternidade  e sobre como poderá comunicarse coa súa filla. A chegada da nena altera a relación de parella e obriga a Ángela a afrontar a crianza nun mundo que non está feito para ela.

 “PRODIXIOSAS”, baseada na historia das xemelgas Pleynet cuxo ascenso á fama vese freado por culpa dunha dura enfermidade que lles impide tocar o piano.

Sinopse:   aos 18 anos, as irmás Vallois son admitidas na Escola Superior de Música de Karlsruhe, baixo a dirección do eminente Klaus Lenhardt. Era o soño e a loita do seu pai, que foran as mellores. Pero unha enfermidade rara afecta as mans dunha delas e frea en seco a súa progresión. Pronto a outra sufre o mesmo destino. Incapaces de imaxinar a súa vida sen piano, as xemelgas crean unha técnica única que desafía os límites do piano e as fai máis “prodixiosas”…

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com