Os cines Codex estrean esta fin de semana a película de animación “Flow, un mundo que salvar”

Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes “FLOW, UN MUNDO QUE SALVAR” e “O PROFESOR DE ESGRIMA”

“FLOW, UN MUNDO QUE SALVAR”, nominada aos Globos de Ouro como Mellor Película de Animación, é un film cautivador e marabilloso, sen diálogos, que narra a historia dun gato que pasa da soidade  a estar cun grupo de animais doutras especies que se adaptan a un mundo anegado. É unha película profundamente cinematográfica, moi emocionante e que trata de recordarlle ao público a importancia da amizade.

Sinopse: un gato esperta nun mundo cuberto de auga, onde a raza humana parece ter desaparecido. Busca refuxio nun barco cun grupo moi diverso de animais de varios continentes, pero levarse ben con eles resulta ser un reto aínda maior que superar o seu medo á auga. Todos terán que aprender a superar as súas diferencias e adaptarse a este novo mundo no que se atopan.

A outra estrea da semana é o filme francés “O PROFESOR DE ESGRIMA”, dirixida por Vicent Pérez.

Sinopse:  París, finais do século XIX, unha sociedade en pleno cambio na que o duelo é a última solución para defender a honra. Clément Lacaze é un carismático mestre de esgrima que ao decatarse de que un sobriño foi retado a un duelo, fai todo o posible para adestralo para ese combate. Ao mesmo tempo, coñece a Marie-Rose Astié, unha muller adiantada á súa época que loita por cambiar as normas sociais que afectan ás mulleres,  e decide ensinarlle a complexa arte do duelo. Ambos enfrontarán provocacións e uniranse para defender a súa respectiva honra.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com