Os cines Codex estrean esta semana os filmes “O ceo vermello” e “Green border”

Esta fin de semana os Codex Cinema estrean os filmes “O ceo vermello” e “Green border”.

“O ceo vermello“, filme alemán, dirixido por Christian Petzold cun guión sutil e fino, unha película divertida e apasionante que se vive en estado de euforia de principio a fin.

Sinopse: un verán caloroso e seco, como tantos nos últimos anos. Os incendios forestais son incontrolables. Catro mozos, descoñecidos entre eles, reúnense nunha casa de vacacións xunto ao Mar Báltico. Lentamente son cercados polas lapas. Un ceo vermello ameázaos. Eles dubidan, teñen medo, pero non polos incendios; é o amor o que os asusta.

A outra estrea desta semana e “Green border“, dirixida por Agnieszka Holland, é un filme intenso e intelixente contra as inxustizas e o terror das fronteiras, un drama que mostra os horrores aos que se enfrontan os refuxiados na zona de exclusiòn entre Polonia e Bielorrusia

Sinopse: nos traizoeiros e pantanosos bosques que conforman a chamada “fronteira verde”, entre Bielorrusia e Polonia, os refuxiados de Oriente Medio e África que intentan chegar á Unión Europea vense atrapados nunha crise xeopolítica deseñada cinicamente polo ditador bielorruso Alexander Lukashenko. Nun intento de provocar a Europa, atráese aos refuxiados á fronteira con propaganda que promete un paso fácil á UE. Nesta guerra oculta entrecrúzanse as vidas de Julia, unha moza activista que renunciou á súa cómoda vida, Jan, un garda de fronteiras, e unha familia siria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com