Codex Cinema estrean hoxe a partir das 18:00 horas os filmes “O rapto” e “Perfect Days”
“O rapto” do director Marco Bellochio, un melodrama que pon ao descuberto a tiranía, o fanatismo e o abuso de poder da igrexa Católica.Sinopse: Boloña, ano 1858. Os soldados do Papa irrompen na casa dos Mortara para secuestrar o seu fillo de sete anos, Edgardo. A familia loita encarnizadamente por recuperalo ante esta acción da Igrexa Católica.
“Perfect days”, un conmovedor retrato da personaxe que nos fai recuperar, polo menos nas dúas horas que dura a película, a fe no xénero humano. Do director Will Wender, narra a vida de Hyrayama que traballa como limpador de baños en Tokio. Parece satisfeito, gústalle levar unha vida sinxela e unha rutina diaria moi estruturada. Fóra desta rutina desfruta coa música, os libros e as árbores, que lle gusta fotografar. Unha serie de encontros inesperados fan rexurdir o seu pasado.
Asemade, mañá sábado e o domingo os Codex Cinema proxectarán o documental “A memoria infinda“, filme chileno de Maite Alberdi. Unha conmovedora historia dunha parella que se enfronta a cruel enfermidade do Alzheimer. Sinopse: Augusto e Paulina levan xuntos vinte cinco anos. A el diagnosticáronlle Alzheimer hai oito anos. Ambos temen o día no que deixe de recoñecela.