“O Corno” baixo a dirección de Jaione Camborra fala sobre a maternidade e sobre a solidariedade feminina nunha fermosa fábula. Rodada en galego, gañou a Concha de Ouro á mellor película na 71º Edición do Festival de Cine de San Sebastián.
Sinopse: Illa de Arousa. 1971. María é unha muller que se gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar con especial dedicación e coidado a outras mulleres durante o parto. Despois dun acontecemento inesperado vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que a obrigará a loitar pola súa supervivencia. Na busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas do contrabando entre Galicia e Portugal.
A outra estrea da semana é “Insensatos” do director polaco Tomasz Wasilewski que nesta ocasión resalta o poder da maternidade e os limites do amor que a sociedade non entende ou non está disposta a entender.
Sinopse: Marlena (62 anos) e Tomasz (42) viven felices nunha casa na mariña, envoltos no seu propio mundo. Mais a súa acolledora existencia vese alterada pola decisión de Marlena de levar a casa o seu fillo enfermo.