O filme “ALAS BRANCAS” que se poderá ver nas pantallas dos Codex Cinema a partir deste xoves 10 de outubro, é a segunda parte do exitoso fenómeno Wonder. Un filme no que o seu director, Marc Foster, toca a fibra sensible a través da súa mirada sinxela, con dramatismo pero sensibilidade narra a historia dunha adolescente xudeu agochada na palleira dun compañeiro de escola.
Sinopse: Julian loita por pertencer a un grupo desde que fora expulsado do seu antigo colexio por maltratar a Auggie Pullman. Para transformar a súa vida, a súa aboa revélalle a súa propia historia de valentía: na súa mocidade na Francia ocupada polos nazis, un mozo protexeuna arriscando a súa propia vida. Os dous atoparán o primeiro amor nun asombroso e máxico mundo creado por eles, mentres a nai do rapaz intenta por riba de todo mantelos a salvo.
A outra estrea da semana será maña venres e é “A SUBSTANCIA”, un filme salvaxe e inusual protagonizado por unha brutal Demi Moore nun dos seus mellores papeis.
Sinopse: Elisabeth Sparkle é unha actriz que xa pasou os momentos de éxito e comeza a ver como o seu recoñecemento profesional e económico minguan de xeito alarmante, xa non a contratan nin ofrecen papeis interesantes. Entón entra nunha espiral de desesperación. Pero, por unha serie de circunstancias, atopa unha sustancia que lle ofrece un produto revolucionario baseado na división celular que crea un alter ego máis novo, máis fermoso e máis perfecto. E unha sustancia que lle garante: “ti, pero mellor en todos os sentidos”.