Esta tarde os Codex Cinema estrean o filme francés baseado en feitos reais “AS FILLAS DO CALIFATO”, un thriller intenso que explora os escuros recunchos do extremismo e a loita pola liberdade.
Sinopse: impulsada pola promesa dunha nova vida. Jessica, unha moza francesa, viaxa a Siria para unirse ao Daesh. Na cidade de Raqa, é acollida nunha casa onde mulleres de todo o mundo agardan converterse en esposas de combatentes. Pronto Jessica gaña a confianza de Madame, a carismática e temida directora do centro, quen exerce unha fascinante e perigosa influencia sobre ela. Esta relación, marcada pola submisión e o control empuxa a Jessica máis aló dos seus propios límites, enfrontándoa a unha realidade cada vez máis escura.
Asemade os Codex estrean tamén na tarde de hoxe a película “CANDO CAE O OUTONO”, filme francesa cunha magnifica interpretación por parte da veterana actriz Hêlêne Vicent, nunha entretida combinación do cómico e o tráxico, onde o seu director François Ozon reivindica o sentido e a necesidade das segundas oportunidades.
Sinopse: Michelle, unha avoa en plena forma en todos os aspectos, vive unha xubilación tranquila nunha aldea de Borgoña onde tamén reside a súa mellor amiga. Cando chegan as vacacións de outono, agarda ilusionada a visita da súa filla, Valérie, e o seu neto, Lucas. A filla vai vela pero coa idea de que coide a Lucas durante toda a semana de vacacións. Sen embargo, nada ocorre como tiñan pensado e todo se complica: un prato de cogomelos tóxicos, a aparición do fillo da amiga….