Os cines Codex estrean esta tarde o filme “María Montessori”

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “MARÍA MONTESSORI” e “TATAMI”

 “MARÍA MONTESSORI“, drama de época que afonda na vida de María Montessori, a muller que revolucionou o mundo da educación co seu innovador método pedagóxico.

Sinopse: París, 1900. Lili D’Alency é unha popular cortesá que esconde un segredo. A súa filla Tina naceu cunha discapacidade e mantena afastada para protexer a súa carreira e a súa reputación. Pero o día que se ve obrigada a coidar dela, Lili decide marchar a Roma para comezar unha nova vida. Alí coñece a María Montessori, unha doutora que está a desenvolver un revolucionario método educativo para traballar cos chamados “nenos deficientes” e que anos despois converterase nunha das pedagoxías mellor valoradas en todo o mundo: o ‘Método Montessori’.

A outra estrea da semana é a película “TATAMI”, un desgarrador drama deportivo iraní-israelí, onde deporte, cine e política poden ser cousas moi diferentes pero que en TATAMI funcionan como unha mesma metáfora.

Sinopse: A judoka iraniana Leila e a súa adestradora Maryam viaxan ao Campionato Mundial de Judo coa intención de conseguir a primeira medalla de ouro para Irán. Na metade da competición, reciben un ultimato da República Islámica, que lle esixe a Leila finxir unha lesión e perder. Coa súa liberdade e a da súa familia en xogo, Leila enfróntase a unha decisión imposible: finxir a lesión e obedecer ao réxime iraniano, como lle roga Maryam, ou desafiar a ambos e seguir loitando polo ouro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com