Os cines Codex estrean esta tarde o filme “Tres cores: azul” da triloxía de Kieslowski

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “O NOSO DÍA” e “TRES CORES: AZUL”

Codex cinema pechará esta tempada a finais de xullo  e quere facelo ao grande, con grande cinema. Ademais dalgunhas das estreas deste mes, queren deixar bo sabor de boca para volver en setembro renovados; para elo proxectaran a fascinante triloxía de Kieslowski. “Tres cores: azul” proxectarase a fin de semana do 12 de xullo; “Tres cores: branco” a do 19 de xullo e “Tres cores: vermello” a do 26 de xullo. 

 “TRES CORES: AZUL”,

Sinopse:  nun accidente de coche, Julie perde ao seu marido Patrice, un prestixioso compositor, e á súa filla Anna. Ao recuperarse das súas lesións, intentando superar a dor, decide comezar de novo, independente, solitaria e anónima, afastada dos privilexios que antes gozaba. Olivier, o axudante de Patrice, tenta sacala do seu illamento. Olivier está namorado dela desde hai moitos anos e acaba convencéndoa para que termine o «Concerto para Europa», unha ambiciosa obra inacabada de Patrice.

A outra estrea da semana é a película “O NOSO DÍA

Sinopse:  durante un día de verán en Seúl, a actriz Sangwon, de 40 anos, instálase na casa da súa boa amiga Jungsoo e o seu gato, Mío. Paralelamente, ao outro lado da cidade, o poeta Hong, duns 70 anos, vive só. Cada un deles recibe unha visita. Ambas levan consigo preguntas moi serias sobre a arte e a vida. Mentres o día vai pasando, as conversacións flúen e compártense pequenos praceres cotiáns, van aflorando as casualidades. …

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com